viernes, 13 de junio de 2014

10 especies impactantes recién descubertas.

Este é un vídeo feito por min, onde leo unha información sobre unhas especies recén descubertas na actualidade.



"As persoas alcanzarían a inmortalidade con copias do seu cerebro".

O científico estadunidense Marvin Minsky, un dos grandes sabios do mundo e pai da intelixencia artificial, considera que algún día, os seres humanos alcazaremos "a inmortalidade con copias dos nosos cerebros".

"Faremos copias dos nosos cerebros. Pode que as creemos nun laboratotio ou que, simplemente, descarguemos o seu contido nun ordenador, co que  algún día seremos capaces de alcanzar a inmortalidade", dixo Minsky.



Minsky dedicou a súa vida a entender os misterios do pensamente e a lograr que as máquinas usasen algo tan humano como o sentido común. "O sentido común é conocer 30 ou 50 millóns de cousas e que estas sexan representadas de tal forma que poidas facer analoxías con outros acontecementos. Estas cousas almacénanse segundo a súa utilidade ou os recordos que evocan", explicou o cinetífico.

Minsky, aos seus 86 anos, asegura que a intelixencia artifical está cambiando o mundo moito máis rápido do que se cría.



"Todo na vida moderna, dende Internet ata os sistemas que poñen en marcha fábricas enteiras, está controlado por un ordenador. A revolución xa ocorreu. Dende 1830, a ciencia, a física práctica e a inxeñería cambiaron o mundo, o que pasa é que non somos conscientes diso", indicou.

Non obstante, o inventor do primeiro simulador de rede neuronal capaz de aprender, tamén é pesimista sobre o futuro da humanidade:

"Creo que cando se queira poñer remedio ao quentamento global, será tarde. Por iso, o futuro ten mala pinta: a xente sufrirá, a industria tendrá que paga e a maioría da poboación morrerá. Primeiro temos que salvar a Terra nos próximos 100 anos. Logo habrá que pensar que facemos para salvar á humanidade. A estre máis cercana está a varios anos luz de distancia e, hoxe por hoxe, non sabemos como chegar ata alí", finalizou.

"Se non dormes, non podes estudar ben". Os científicos xa saben o porqué.

Un grupo de investigadores de China e EAU, revelaron o mecanismo de influencia do sono sobre a memoria.

Investigadores da Escola de Mediciña de Nova Iork (EUA) e da Escola Superior da Universidade de Shenzhen (China) estudaron a correlación do sono e a memoria en ratos.

Despois de facer que os animais aprendesen algo novo (por exeplo, camiñaar sobre unha barandela rodando), os cinetíficos permitiron a un grupo de ratos que durmiran 7 horas, mentras mantivo ao outro grupo en vela.



Ao estudar mediante un microscopio o cerebro dos ratos, os científicos descubriron que o cerebro dos que durmiran previamente, formaran moitas novas conexións entre as neuronas, o que signfica máis vías para intercambiar as señais.

Impedir o sono dos animales en varias fases deste, permitiu aos investigadores establecer que o sono profundo é necesario para a formación da memoria porque nesta fase o cerebro 'revive' a experiencia de antes de durmir.



Fonte: Gaceta

Rexístranse no Sol dúas grandes erupcións consecutivas.

Este martes, rexistráronse no Sol dúas grandes eupcións consecutivas coa capacidade de afectar ás comunicacións na Terra.

A primeria chamarada foi de clase X2.2, mentres que a segunda produceuse inmediatamente despois, coa intensidade X1.5, informounos a NASA. Uns expertos da axencia espacial americana explicaron que as chamaradas solares eran explosións de grande alcance de radición e que as radiacións nocivas dunha chamarada non podían pasar a través da atmosfera da Terra para afectar fisicamente os seres humanos sobre o terreo, pero cando o son suficientemente intensas, poden perturbar o ambiente da capa onde viaxan as señais XPS e as comunicacións.

Investigadores do Centro de Predición do Clima Espacial da NASA, sinalaron que non é probable que se produza unha exección de masa coronal, unha explosión de plasma emitida polo Sol, asociada c primeiro brote, pero van seguir analizando os datos recollidos durante o evento.

Con estas dúas chamaradas, elévase o número a sete no que levamos de 2014, os maiores que se poden rexistrar. A chamarada de maior envergadura prodúxose en febreiro, alcanzando unha intensidade de X4.9.

Pero cuando son lo suficientemente intensas, pueden perturbar el ambiente de la capa donde viajan las señales de GPS y las comunicaciones". Investigadores del Centro de Predicción del Clima Espacial de la NASA señalaron que no es probable que se produzca una eyección de masa coronal, una explosión de plasma emitida por el Sol, asociada con el primer brote, pero van a seguir analizando los datos recogidos durante el evento. Con estas dos llamaradas, se eleva a siete en lo que va del 2014 el número total de estos sucesos de magnitud X, los mayores que se pueden registrar. La llamarada de mayor envergadura se produjo en febrero, alcanzando una intensidad de X4.9.

Agora deixo un vídeo explicatorio sobre este fenómeno.




Fonte: Actualidad.RT



lunes, 26 de mayo de 2014

Viñetas contra o cambio climático


Agora unhas viñetas sobre o cambio climático onde nos mostra a verdadeira realidade deste acontecemento:






Y, la mejor de todas:


Vídeo sobre a Revolución Dixital

Este é un vídeo feito para expoñer na clase de Ciencias para o mundo Contemporáneo que trata sobre a Revolución Dixital con titoriais ata. Espero que vos guste:

https://drive.google.com/file/d/0B-v58Hrq2MPkSmVlYVdTbzRxQlk/edit?usp=sharing

lunes, 12 de mayo de 2014

Os efectos do cambio climático en EUA.

Aquí unhas gráficas de como está afectando o cambio climático a EUA.




Fonte: Programa de Investigación sobre o Cambio Climático de EE UU e Axencia Internacional da Enerxía. ElPaís

Unha verdade incómoda

Aquí vos deixo o video que estivemos a ver na última clase de Ciencias para o mundo contemporáneo, onde nos fala de que xa estamos na etapa de calentamento global e nos fala de como é este fenómeno, como o producimos, como afecta, etc.

Un vídeo que todos deberiamos ver:



Una Verdad Incómoda - Al Gore from Ascensión Nueva Tierra on Vimeo.

P.D: Aparece unha escena de Futurama! Así que, ten máis atractivo (?)

lunes, 31 de marzo de 2014

As células nai.

Deixo un vídeos en castelán e un documental en inglés atopados por YouTube onde nos explican cousas básica e algo máis avanzadas sobre as células nai.






Espero que agora xa sepades o que é un dos avances que máis soará nas futuras décadas.

Ooho, a nova creación para reducir a contaminación!



Para máis información sobre esta nova forma de envases creada por (Rodrigo García González, Guillaume Couche and Pierre Paslier) da que o chef español Ferrán Adriá deu a idea usando algo similar nas súas creacións innovadoras na cociña: VeoVerde y HuffingtonPost

Células nai para manter o suministro de plaquetas.

As plaquetas, cuxa función principa é evitar o sangrado, son vitais no tratamento de varias formas de trauma e enfermidades do sangue. Recentemente, investigadores informaron na prestixiosa Cell Stem Cell que acharon unha maneira de crear plaquetas sen a necesidade da sangue doada, un avance que podería borrar a escaseza de suministros e garantizar tratamentos de plaquetas para todos os pacientes que o necesiten.


O suministro destas plaquetas, que teñen unha vida útil e corta, é a menudo insuficiente para satisfacer as necesidades clínicas. Ademais, mentres que as plaquetas transfundidas típicamente non necesitan adaptarse inmunolóxicamente aos pacientes, a transfusión repetida de plaquetas conduce a unha reacción inmune que eventualmente fai que os pacientes non responderan á terapia de transfusión de plaquetas.

Para facer fronte a estas limitacións, os investigadores xaponenes (das universidades de Kyoto e Tokio desenrolaron unha extratexia para obter plaquetas funcionais a partir de células nai pluripotentes inducidas humanas. Esta celulas nai poden ser xeradas a partir de diferentes células no corpe, e pode á súa vez, ser inducidas a convertirse en casi calqueira outro tipo de célula.

O enfoque recente , implicou a manipulación xenética de ditas células nai para covertelas en liñas inmortalizadas estabeis de células produtoras de plaquetas, chamados proxenitores de megacariocitos. Éstos proxenitores puideron producir grandes cantidades de plaquetas con capacidades de coagulación similares aos das plaquetas donadas. A Diferencia das recién doadas, sen embargo, os proxenitores de megacariocitos inmortalizados poderían ampliarse e se conxelan para o seu almacenamento a longo prazo.


Fonte: ABC

lunes, 24 de febrero de 2014

Pioneiros en Brasil nos Mundiais.

No mundial de 2014, en Brasil, será a primeira vez que os obesos teñan asentos especiais para eles.As autoridades brasileñas incluirán butacas especialmente diseñadas para persoas con obesidade. Esta medida responde a unha ley vixente sobre a discapacidade en Brasil.Os asentos, como se ve na imaxe de abaixo, miden 780 milímetros de lonxitude, o dobre dos normales.



As autoridades brasileñas prevén incluir estos asentos nos doce estadios onde se xogará o Mundial. O proxecto estipula que tamén haxa espacios adecuados para persoas que se movilizan en sillas de rodas ou que teñen unha discapacidade de traslado reducida. Os asentos máis amplios (a FIFA pidiu un total de 1500) miden o dito antes, un 780mm de lonxitude, e os convencionais (440 mm). Os interesados en ocupar esas ubicacións deberán presentar un certificado que demostre a sua masa corporal e que sexa superior a 30 (no caso de ser obesidade).

Fonte: ElPais

O cáncer en Santander

En Santader, no metrópole, mil cento cincuenta mulleres padecen cáncer de mama.

Una mellor cobertura en saúde en Santander e arredores nos últimos anos, permiteu que se identificasen un maior nº de casos de pacientes con cáncer, cunha alta prevalencia e ata donde a ciencia coñece, asóciase ós hábitos de vida.

Un médico oncólogo da Fundación Cardiovasvular de Colombia (Xavier Arias) informou que o cáncer aumentou e tamén a posibilidade de consultar máis ao médico e así obter un diagnóstico.
O Observatorio de Saúde Pública de Santander calculou que o cáncer nas mulleres ocupa o terceiro lugar entre as principais causas de morte, despois das cardiovasculares e a diabetes e enfermidades ás vías respiratorias. Nos homes, o cáncer ocupou o cuarto lugar, despois das causas antes descritas e de traumas, homicidios entre outras.

Recentes estudos din que está aparecendo máis cáncer de mama nas mulleres en edad fértil.
Entre o 2001 e 2010, houbo sete mil cincocentas noventa e unha mortes por cáncer, sendo os principais o tumor maligno de estómago e mama, seguido do de útero e pescozo uterino. Nos homes, houbo sete mil setecentas vinte e sente mortes, onde prevaleceu os tumores malignos de estómago e de próstata.

O oncólogo citado antes aclaraou que os factores que están desencadenando os cánceres son o alcohol, o cigarrilo, a contaminación, a polución, a dieta pobre en vexatais e sustancias antioxidantes naturaias, un aumento na dieta en graxas trans, ó igual que os pesticidas e plaguicidas.



En fin, deberiamos mellorar os nosos hábitos para precavernos dos cánceres e doutros problemas derivados de facer o citado no párrafo anterior.


Fuente: DiarioADN

lunes, 10 de febrero de 2014

Análise dun artigo sobre a mortalidade do periódico O País.

Un artigo publicado fai uns días no periódico O Pais, móstrannos as causas das mortes en España y a alta subida nos números de mortos.
O número de defuncións chega por primeira vez a máis de 400.000 ó ano.
Ildefonso Hernández, ex director xeral de Saúde Pública e membro da Sociedade Española de Epidemiolxía,  explica que as causas do elevado nº de mortes débese ó envecellecemento da poboación. Tamén resalta que a mortalidade infantil decreceu, pero a esperanza de vida das mulleres veuse abaixo nunhas decimas en case todas.
José Ramón Gónzalez-Juanatey Sociedade Española de Cardioloxía (SEC) tamén aportou a súa visión sobre a esperanza de vida, e conta que co envellecemento actual, será difícil aumentar a esperanza de vida como se facía ata agora.
José Miguel Rodríguez González-Moro, responsable das Relaciones Institucionales da Sociedade Española de Neumoloxía e Cirurxía Torácica (Separ) di que as causas están claras con respecto a unha subida do 17% de mortes por enfermidades respiratorias ás que son debidas pola epidemia do tabaquismo dende fai 20 anos, onde se chegou a que o 40% da poboación fumaba. Conta tamén que agora está en 28% pero tamén di que as enfermidades pulmonares obstrutivas crónicas aparecen ata 15 anos despois de deixar de fumar. Este neumólogo apórtanos un dato moi importante como que as neumonías son a porta para as infeccións, porque chegan por onde respiramos, e eso facémolo todos; se ocurre en persoas con outras enfermidades xa, agrávase moito máis.
As enfermidades do sistema circulatorio non notaron o cambio nesta década, as mortes por enfermidades cardiovasculares baixou un 0,2%, o cardiólogo Juanatey respalda estos datos diciendo que nos últimos 30 anos, os españois gañaron 6 anos de vida máis e que a mediciña segue sendo de calidade aínda habendo recortes.
O neumólogo José Miguel Rodríguez e José Ramón González-Juanatey defenden que aínda habendo recortes seguen atendendo aos pacientes e os casos graves sempre se atenden rápido, pero a Federación de Asociacións para a Defensa da Sanidade Pública (FADSP), din que os recortes na sanidade pública matan.
Expertos en cardioloxía comentan que dado á crise a xente come peor, toma máis graxas industriales, e a situación de estrés sufrido pola crise e máis causas aumenta a posibilidade de infartos.

Na miña opinión, todo se verá dentro de 4 anos, cando en teoría as cousas deberían ir a mellor, pero en verdade, os datos son preocupantes, dado a que hai moi pouco coidado na alimentación, e moito estrés, o que fixo que subira tanto a taxa de mortalidade. Tamén hai que dar a razón a quenes defenden que é moi difícil subir a esperanza de vida porque a poboación está paulatinamente envellecendo, pero esto tamén se debe a que hai poucos cartos para invertir na invetigación, ou non se quere investigar nelo. En fin, habrá que esperar uns anos máis.

 Fonte:   Periódico ElPaís

lunes, 3 de febrero de 2014

Vacina gratuíta contra o VIH no 2016.

Unha vacina revolucionaria contra o sida xa está en desenrolo. Os seus creadores utilizaron un algoritmo de aprendizaxe automático para examinar as células de individuos que son inmunes ó virus e deseñar o mesmo proceso biolóxico noutras persoas.

O "Proxecto inmunidade", así é o nome do equpo de científicos norteamaricanos que non só prometen unha vacina gratuíta e eficaz contra o sida, senón que tamén usar este método pra loitar contra outras enfermidades contaxiosas. A cura revolucionaria podería estar dispoñible para a cidadanía no 2016.



O equipo científico aplicou un algoritmo de aprendizaxe automático que analiza as células dun tipo de persoas moi escaso, os "controladores" do VIH: individuos que nacen cunha inmunidade natural a este virus.

O sistema inmunolóxico ataca a os marcadores biolóxicos, o que obriga ó virus a permanecer en estado latente. Estas propiedades protetoras poden ser limitadas en tódalas persoas se se proporcionan ás súas células características adecuadas das células inmunes.

O "Proxecto inmune" explica que o seu plan é fabricar e finnaciar vacinas accesibles para toda a poboación contr5a unha grande variedade de enfermidades infecciosas, non só contra o sida, senón tamén contra enfermidades como a hepatite C, xa que un 13% dos habitantes de EUA son controladores deste perigoso virus.



Fonte: Actualidad.rt.com

lunes, 27 de enero de 2014

Diferencia na conectividade cerebral entre homes e mulleres?

A resposta é si.

Un estudo na PNAS (Academia Nacional das Ciencias) no 4 de decembro do ano pasado atopou notabeis diferencias no cableado dos homes e as mulleres, co que poderiamos afirmar por qué os seus respectivos comportamentos que os diferencian.


Nun dos estudos máis grandes realizados sobre as redes cerebrais (conectoma)  dos sexos, uns científicos atoparon unha maior conectividade neuronal de adiante hacia atrás e dentro dun dos hemisferios nos homes, o que suxire que os seus cerebros estén estructurados para facilitar a conectividade entre a percepción e a acción coordinada. As mulleres teñen o cableado entre os hemisferios dereito e esquerdo, o que suxire que falicitan a comunicacón entre a analítica e a intuición.
Segundo os autores, móstrannos unha marcada diferencia (e tamén complementariedade) na arquitectura do cerebro humano, que axuda a proporcionar unha potencial base neural de por qué as mulleres teñen éxito en certas tarefas, e os homes noutras.



No estudo, precisouse usar un tensor de difusión de imaxes (DTI) para analizar a conectividade cerebral en cincocentas vinte e unha mulleres e catrocentos viente e oito varóns de entre oito e vintedous anos. Grazas a ese estudo, sabemos que as mulleres mostran unha maior conectividade na rexión supratentorial que conten o cerebro (a parte máis grande) entre os hemisferios dereito e esquerdo. Os homes, mostran unha maior conectividade dentro de cada hemisferio.

As mulleres teñen unha maior conectividade intra-hemisférica e os homes unha maior conectividade interhemisférica. É soreprendente a complementariedade dos cerebros nos homes e nas mulleres. Estos mapas de cableado cerebral (mostrados na anterior imaxe) non só nos axudan a entender mellor as diferencias entre como os homes e mulleres pensan, se non que tamén nos dará unha visión máis clara das raíces dos trastornos neurolóxicos, que son a miúdo relacionados co sexo.

Fuente: Bioblogia

lunes, 20 de enero de 2014

Inxección de optimismo para 2014: A malaria, a pobreza e o VIH, en retroceso.

Aínda das noticias mundiais céntranse case sempre no negativo, hai boas noticias que axudan a manter a esperanza nun mundo mellor como a menor incidencia de enfermidades. Estas son algunhas das razóns pra manter o optimismo no 2014.

1. A xente vive máis.


Todos os países presentan menores tasas de mortalidade xeral dende 1950. Aínda que todavía queda moito por facer, unha gran parte do progreso refléxase nos nenos e bebés pequenos, xa que a mortalidade infantil reduceuse en todos os país subdesenvolvidos comparando co 2009.





2. Redución do analfabetismo.

As taxas de alfabetación globais aumentan. No 2011 ¿último ano con datos dispoñibles?, a tasa mundial de alfabetización de adultos era do 84-1), e entre os xóvenes do 89-5). Se ben estos datos constatan a existencia darredor de 896-7 millóns de persoas analfabetas, a tendencia diríxese claramente hacia a alfabetización da sociedade, especialmente, entre os menores de 15 anos.



3. A malaria contra as cordas.

O informe do 2013 sobre a malaria da Organización Mundial da Saúde (OMS) é esperanzador, xa que de 103 países que rexistraban transmisión da malaria no 200, 59 están cumplindo co Obxetivo de Desenrolo do Milenio de reducir a incidencia desta enfermidade.

Dende o 200, as taxas de mortalidade da malaria en todo o mundo caeron nun 45) en tódolos grupos de idade. Dada que a malaria é unha importante causa de morte na África subsaxariana, o seu tratamento e prevención é parte fundamental das medidas sanitarias pra salvar vidas na rexión (nenos, especialmente).

As mortes por malaria están disminuíndo radicalmente. Se se mantén este ritmo de prevención e tratamento, para o ano 2015 a taxa de mortalidade por esta enfermidade será un 56% menor que en 2000. A acción mundial para combatir a malaria salva a día de hoxe 700 vidas diarias.



4. A tuberculose, camiño a ser cousa do pasado.

A tuberculose é unha enfermidade que pode previrse, isto é algo que agora lógrase de forma máis efectiva ca no pasado. No 2012, 1,3 millóns de persoas morreron a causa a tuberculose. Sen embargo, as taxas desta enfermidade están diminuíndo en tódalas rexións do mundo.




5. Menos pobreza no mundo.

No 2000, o 33% da poboación mundial vivía na pobreza. Hoxe, o índice é do 21%. Pese a que esto significa que máis de 1 de cada 5 vive na pobreza, o dato reflexa que o mundo reduceu á metade a súa taxa de pobreza de maneira efectiva en tan só 20 anos.

Dende que os obxetivos do desenrolo do Milenio se deron a coñecer no 200, máis de 600 millóns de perosas saíron da pobreza extrema.

6. India gañará a batalla contra á polio no 2014.




Dende o 13 de xaneiro do 2011 non se rexistrou ningún caso de polia na India. Nova Delhi continúa esforzándose para erradicar no 2014 esta contaxiosa enfermidade causada por un virus que invade o sistema nervioso. No 2008 rexistráronse 549 caso de polio, segundo as autoridades indias.


7. Estamos gañando terreo co VIH.




As taxas de incidencia do VIH disminuíron nun 33% dende o 2005, e entre os nenos reduceuse nun 52%. O acceso ó tratamento do VIH aumentou 40 veces dende o 2002. A finais do 2012, 9.7 millóns de persoas nos países de baixos e medianos ingresos tiñan acceso á terapia antirretroviral.


Os avances no tratamento do VIH significan que xa non é tan mortal como antes, sobretodo nos países desenrolados. Dacordo cun último estudio do 2013, pódese esperar que os xévenes en tratamento antirretroviral (TAR) en EE.UU. ou Canadá vivan ata os 70 anos, unha esperanza cercana á da poboación xeral.