viernes, 13 de junio de 2014

"As persoas alcanzarían a inmortalidade con copias do seu cerebro".

O científico estadunidense Marvin Minsky, un dos grandes sabios do mundo e pai da intelixencia artificial, considera que algún día, os seres humanos alcazaremos "a inmortalidade con copias dos nosos cerebros".

"Faremos copias dos nosos cerebros. Pode que as creemos nun laboratotio ou que, simplemente, descarguemos o seu contido nun ordenador, co que  algún día seremos capaces de alcanzar a inmortalidade", dixo Minsky.



Minsky dedicou a súa vida a entender os misterios do pensamente e a lograr que as máquinas usasen algo tan humano como o sentido común. "O sentido común é conocer 30 ou 50 millóns de cousas e que estas sexan representadas de tal forma que poidas facer analoxías con outros acontecementos. Estas cousas almacénanse segundo a súa utilidade ou os recordos que evocan", explicou o cinetífico.

Minsky, aos seus 86 anos, asegura que a intelixencia artifical está cambiando o mundo moito máis rápido do que se cría.



"Todo na vida moderna, dende Internet ata os sistemas que poñen en marcha fábricas enteiras, está controlado por un ordenador. A revolución xa ocorreu. Dende 1830, a ciencia, a física práctica e a inxeñería cambiaron o mundo, o que pasa é que non somos conscientes diso", indicou.

Non obstante, o inventor do primeiro simulador de rede neuronal capaz de aprender, tamén é pesimista sobre o futuro da humanidade:

"Creo que cando se queira poñer remedio ao quentamento global, será tarde. Por iso, o futuro ten mala pinta: a xente sufrirá, a industria tendrá que paga e a maioría da poboación morrerá. Primeiro temos que salvar a Terra nos próximos 100 anos. Logo habrá que pensar que facemos para salvar á humanidade. A estre máis cercana está a varios anos luz de distancia e, hoxe por hoxe, non sabemos como chegar ata alí", finalizou.

No hay comentarios:

Publicar un comentario